CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Histórica clasificación do Balonmán Novás na Copa do Rei

15/10/2019 - 23:37 h

O Novás deu a badalada na segunda rolda da Copa do Rei tras eliminar o Nava, conxunto revelación da liga Asobal, no partido disputado onte no Rosal.

Tralo mesmo o adestrador Quique Domínguez xogou Ao contraataque e valorou o fito acadado polo seu equipo: "Levamos os tres últimos partidos na casa cun rendemento moi alto do equipo, partidos moi completos e cun alto nivel defensivo. Gústanos esta competición e temos moitas gañas de seguir avanzando. Se é un rival co que teñamos máis posibilidades, mellor. Pero sexa quen sexa, estaremos aí para tentalo".

Peor sorte correu o Cisne que caeu eliminado ante o Angel Ximénez. Hoxe será a quenda do Cangas na pista do Sarriá en Xirona.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí