CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Antía Jácome: "Xa asimilo que estou entre as mellores do mundo"

15/09/2021 - 23:49 h

Hoxe comezan os mundiais de piragüismo en Dinamarca con ampla representación galega. Na mesma está a diploma olímpico en Toquio, Antía Jácome, que onte xogou Ao contraataque: "Faga o resultado que faga vou estar contenta igual, porque o obxectivo deste ano era estar nos Xogos e conseguino, pero vou loitar igual. Agora si que asimilo máis que estou loitando entre as mellores do mundo"

"Este ano o meu irmán e a miña curmá virán comigo á selección nacional. Antes de poder loitar unha praza fóra de España, teño que loitala en España. Quedan 3 anos para París. O único que espero é poder dar o 100% e a mellor versión de min. Creo que estarei entre as mellores no Mundial, loitarei por unha medalla, pero non as regalan"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.