CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Tere Abelleira "Custoume moito deixar o Dépor. Espero deixar unha porta aberta"

15/09/2020 - 23:31 h

Tere Abelleira xogou onte Ao Contraataque. A nova xogadora do Real Madrid está concentrada coa selección española, coa que podería debutar este sábado ante Moldavia:

"É un soño estar aquí. Estou disfrutando moito. Acolléronnos moi ben tanto a min coma a Peke. Non sei se me chaman por estar no Real Madrid, Peke segue no Dépor e tamén a chamaron. Parte de responsabilidade de estar coa selección é polo gran traballo que fixemos no Dépor a campaña pasada"

"Foi duro deixar o Dépor. Custou moito. Sempre é difícil deixar a túa casa. Quedan xogadoras moi boas, unha base sólida. Confío moito nelas e farán unha gran campaña. Sempre quero ter a porta aberta a volver ó Depor. O fútbol dá moitas voltas".

"O Barcelona tivo un pequeno interese en min, pero decanteime polo Real Madrid".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.