CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Tito Díaz: "Paco Olmos é un adestrador acostumado a gañar"

15/07/2021 - 23:50 h

O director xeral do Breogán Tito Díaz xogou onte "Ao Contraataque" tras confirmarse a inscrición do equipo lucense na liga ACB e a chegada de Paco Olmos coma novo técnico do conxunto celeste: "Paco é un adestrador acostumado a gañar. Tiña moita ilusión e estamos moi satisfeitos. A partir de agora, para os breoganistas, é o mellor adestrador da ACB."

"A idea é manter a metade dos xogadores que conqueriron o ascenso e que veñan outra metade de xogadores con experiencia na liga. A nosa liga é acadar a permanencia. Temos que facer un equipo compensado, polivalente e equilibrado"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.