CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gustavo Cabral: "Boto moito de menos o Celta"

15/07/2020 - 23:03 h

O ex-capitán do Real Club Celta, Gustavo Cabral, xogou onte Ao acontraataque na véspera do choque decisivo que disputarán os celestes ante o seu outro ex-equipo en España, o Levante.

Partido no que os vigueses poderian garantir a súa permanencia na primeira división:

“O Celta non ten que ver o rival . Ten que ver que é unha final, que se gañan estarán en primeira un ano máis. Nótase a ausencia da xente. É totalmente diferente e para o Celta claro que é un factor. Ao principio si podería ter pecado de falta de intensidade defensiva. Pero coa chegada de Murillo non, era un xogador que precisaban. Non saíron as cousas como se pensaba. Agora están nunha situación complicada. Son xente da casa: Mina, Rafinha ... senten esta situación. Boto moito de menos o Celta. Xusto hoxe estaban poñendo o encontro contra o Manchester United. Aínda sabendo o resultado, tiña moitos nervios. Se chegamos a xogar a final, seríamos campións”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.