Ao Contraataque
Jesús López, novo presidente do At. Guardés: "Hai que reiventarse, pero a nosa ilusión é loitar por todo"
O Balonmán Guardés ten dende onte novo presidente. Jesús López substitúe no cargo a José Manuel Silva, que estivo os últimos quince anos á fronte do cadro do Baixo Miño:
Tentaremos mellorar as relacións coas institucións. Debido á Covid-19 temos moitas incertezas. Hai que reinventarse. Teremos que buscar pequenos patrocinadores. A nosa ilusión é loitar por todo e iremos polas tres competicións. Temos que seguir crecendo. Non queremos que remate este soño, temos algo moi bonito nunha vila moi pequena que non debemos perder.