CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Van Wijk: "No Pazo será máis difícil. Aínda non está feito"

15/05/2019 - 23:36 h

O COB Ourense buscará esta noite a clasificación para a final a catro polo ascenso á Liga ACB. Será no Pazo Paco Paz a partir das 20 h ante o Oviedo, ao que lle gañaron en terras asturianas os dous primeiros partidos da eliminatoria.

O xogador holandés dos ourensanistas Kevin Van Wijk xogou onte Ao contraataque e explicou cales son as sensacións no equipo cobista: "Creo que gañaremos, pero aínda non está feito. Na casa será máis difícil. Gañar dous partidos fóra axuda moito, pero foron dous partidos igualados, que puideron caer 
do outro lado. Eles erraron nos momentos importantes".

O COB pediu nas últimas horas o apoio á afección ourensanista para axudar a certificar o pase para a fase final que se disputará en Bilbao o fin de semana
 do 1 e 2 de xuño. O partido poderano seguir nunha retransmisión especial que se realizara en radiogalega.gal e aplicacións móbiles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí