Ao Contraataque
Michu: "Que ascenda o Celta B á Segunda División non sería unha sorpresa"
O exfutbolista do R. C. Celta e actual director deportivo do Burgos, Miguel Pérez Cuesta Michu, xogou onte 'Ao contraataque' na Radio Galega.
O asturiano non pechou a porta a regresar ao R. C. Celta algún día e sinalou que comparte plenamente a aposta realizada polo conxunto olívico pola canteira como eixe central do proxecto deportivo.
Así mesmo, sinalou que lle gustaría como celtista ver de novo o equipo en competición europea a curto prazo.