CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Paco Liaño: "Fernando Vázquez aglutina a ilusión do deportivismo"

15/01/2020 - 23:19 h

O ex porteiro do Deportivo Paco Liaño xogou onte 'Ao contraataque'.

O cántabro analizou o momento que está vivindo o club herculino: "A situación mudou. Mañá, probablemente, atoparemos un Riazor ateigado. Fernando Vázquez consegue aglutinar toda a ilusión do deportivismo. Pero non é suficiente. Agardo que este cambio veña acompañado por puntos".

Esta tarde veranse as caras os dous equipos que leva no corazón o santanderino que tamén analizou o momento que vive o Racing de Santander criticando a figura do seu director deportivo Chuti Molina: "No mundo do fútbol todas as opinión son válidas, pero hai que ter humildade. Se falas con el parece que inventou o fútbol. Non teño moi boa opinión sobre el".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.