CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Chicho Lorenzo, trala retirada do seu fillo: "Jorge pecha unha etapa deportiva impresionante"

14/11/2019 - 23:31 h

Onte anunciaba a súa retirada Jorge Lorenzo. O piloto balear de ascendencia galega dicía adeus tras dezasete temporadas na elite do motociclismo con cinco campionatos do mundo.

O seu pai, o sonense Chicho Lorenzo , xogou onte “Ao Contraataque” e expresaba o sentir da família: “Jorge pecha unha etapa deportiva Impresionante , si que soñamos con todo isto, pero non rematas de crelo. Detrás hai moitísimo traballo, moitas horas, moitos momentos que non son doados".

Se tivese que elexir un momento dos vividos o pai do piloto balear non sabería cal elexir: “ detodos os momentos, quedaría con moitos: aqueles nos que sentín orgullo do meu fillo, momentos de gloria. Eses momentos nos que, despois de tanto traballo, valeu a pena".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí