CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Celso Borges: "Aquí fun e son moi feliz. Que prezo lle pos a iso? A vida pasa moi rápido; hai que estar onde un goza"

14/10/2020 - 23:29 h

O medio centro Celso Borges xogou onte Ao contraataque.

O costarriqueño foi nomeado polo plantel coma un dos capitáns para esta temporada e valorou as súas sensacións: "É unha resposabilidade ser capitán do Deportivo, pero evidentemente é algo do que sentirse bastante contento e orgulloso".

Sobre a nova categoría foi moi directo: "Estamos desexosos de competir. Hai que ser humilde e respectar a división en que estamos e a xente coa que imos xogar. Teremos que igualar e superar os rivais, non por presentarnos a xogar imos levar os tres puntos. Loitaremos moito por sumar".

E a razón para estar de volta e nunha categoría como a de bronce, afirmou: "Aquí fun e son moi feliz. Que prezo lle pos a iso? A vida pasa moi rápido hai que estar onde un goza. Nós deixamos o Dépor onde está e hai que devolvelo a onde merece, pola xente, que nunca fallou".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.