CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Ian Mackay: "O primeiro que temos que ter é calma"

14/09/2021 - 23:25 h

O porteiro do Deportivo da Coruña, Ian Mackay, xogou onte Ao contraataque para valorar o bo inicio de temporada do cadro herculino: "Hai que ter calma. Asinariamos empezar así sen ningunha dúbida, pero hai que ter paciencia. Por desgraza virán momentos difíciles, hai que estar xuntos e agora desfrutar do que estamos vivindo"

Cualifica a súa volta ao equipo en que empezou deste xeito: "Este é o reto máis importante que me puxen e sen ningunha dúbida o máis persoal. Non podo meterme presión a min mesmo. Creo que hai que levalo o mellor posible, axudar en todo o que poida"

E sobre os xuvenís que chaman ás portas do equipo, coincide con Borja Jiménez en quitarlles presión: "Creo que hai que coidar os rapaces e non expoñelos tanto. Non creo que sexa bo dicir que dalgunha forma Noel é o noso salvador, non podemos meterlle esa presión, sen quitarlle mérito ao que fai. Ten que seguir traballando"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.