CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Mouriz: "A 1ª RFEF podería estar máis preparada do que está"

14/07/2021 - 23:23 h

O director deportivo do Racing de Ferrol, Carlos Mouriz, xogou onte “Ao Contraataque” e valorou o que vai ser a nova competición: "Guste non guste este ano, nunha situación tan complicada, a federación arriscou e sacou unha competición para adiante. Creo que hai moita improvisación, gustaríame que fose doutra maneira. Unha competición que fai un ano que se sabe que vai existir podería estar máis preparada do que está".

"Pénsase que vai ser unha competición difícil polos equipos que están nela. Poir iso intentas ter o plantel feito o antes posible, porque o 25% do grupo vai a descender. Estamos esperanzados coas incorporacións, cremos que son xogadores que nos van facer competitivos".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.