CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Juanfran: "No fútbol o máis difícil é facer o fácil".

14/07/2020 - 23:03 h

O adestrador de Club Deportivo Lugo, Juanfran García, xogou onte  Ao Contraataque.

O valencián valorou os seus inícios coma adestrador do conxunto albivermello onde aínda non coñece a derrota tras catro partidos disputados:

Ao final, a experiencia que tiven en situacións complexas coma esta axudounos moito a transformar a mentalidade dos xogadores. Son capaces do que sexa, sempre e cando traballen como os que máis. Teñen un potencial terrible. Calquera equipo que compite non é desigual a ningún rival. Aceptaron a mensaxe que lles trasmitimos. A partir de aí... é mérito deles. Total e absolutamente deles. Son partidario de que, en ocasións, no fútbol o máis difícil é facer o fácil. Se che digo a verdade, no equipo non se fala dos puntos que precisamos. Temos claro que nós queda un partido, o seguinte. Temos que estar concentrados".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.