CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Monchi: "Non houbo negociación co Celta por Nolito"

13/11/2019 - 23:01 h

Monchi xogou onte Ao contraataque. O director deportivo do Sevilla estará hoxe en Galicia co seu equipo no partido do centenario do Racing de Ferrol, partido que emulará a histórica final de copa disputado entre o club departamental e o hispalense: "Por iso estamos aí. Xogamos aquela final (1939, final da Copa do Xeneralísimo: Sevilla 6 - 2 Racing) contra eles e tiveron o detalle de convidarnos. Imaxino que o fan buscando desquite".

Monchi tamén falou do interese do Celta o pasado verán no xogador do Sevilla Nolito: "O acordo co Celta non era así. Non houbo nin negociación, só algún contacto cos seus axentes. Ao principio da tempada, como che digo, sabiamos que ía quedar".

O director deportivo dos de Nervión recoñeceu que está triste pola actual situación do Deportivo e expresou o seu desexo de recuperación do club herculino.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí