CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Heber Pena: "Nafti é un bo adestrador que vai facer crecer o Lugo defensivamente"

13/10/2020 - 23:05 h

O xogador do Sabadell Heber Pena xogou onte Ao contraataque.

O ferrolán coincidiu no Badaxoz co próximo adestrador de Club Deportivo Lugo, Nafti Mehdi, e valorou as aptitudes do técnico tunecino: "Traballa moito tacticamente. Ten as ideas moi claras e traballa moi ben defensivamente. Ten man dura, gústalle a disciplina, pero o trato con futbolistas é moi bo, é moi directo. É un técnico moi estricto, os seus equipos xogan como él xogaba, o esforzo non se negocia".

Canto a cuestións tácticas e de xogo, afirmou que non é partidario do virtuosismo: "Non xoga tan vistoso coma outros adestradores. O seu sistema habitual é o 4-2-3-1 aínda que ás veces xogamos con cinco atrás. Leva ben a presión, xa vén de volta no fútbol. Non necesita esto para vivir. É un bo adestrador que vai mellorar o Lugo defensivamente é a partir de aí vai crecer o equipo".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.