CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manuel Mosquera: "O Deportivo perde imaxe con esta reclamación"

13/07/2020 - 23:18 h

O adestrador do Extremadura, o coruñés Manuel Mosquera, xogou onte Ao Contraataque e valorou a decisión do Deportivo de impugnar o partido ante os extremeños por aliñación indebida: “Non se pode coller por ningún lado, non ten percorrido é un absurdo e tremendamente subrealista. Non hai aliñación indebida. En todo momento levamos o control de xogar sempre cos sete profesionais. Penso que o Depor perde un pouco de imaxe con esta reclamación pese a comprendelo. Eu son o adestrador, non creo que o club reclame no caso que lle dean a razón ao Deportivo, pero eu non son o Presidente. Non o podo asegurar. O do domingo non foi fácil para min, fomos mellores todo o partido. Nin foi fácil nin gocei, pero é unha vitoria que honra os xogadores e ao meu club”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.