Ao Contraataque
Jorge Prado: "Estou moi contento cos dous top 10 que fixen no mundial de MX-1"
O bicampión do mundo de motocrós, Jorge Prado, xogou onte Ao Contraataque. O lucense está pasando o confinamento en Bélxica tras disputar as dúas primeiras probas do mundial de MX-1:
A parada, por un lado, veume ben tras a lesión, pero tamén mal porque boto en falta horas enriba da moto. Non sabemos cando volverá o mundial. O calendario non é fiable. Ata setembro non creo que se retome. Estou moi contento cos dous top 10 que fixen no mundial de MX-1. Corrín moi por debaixo das miñas posibilidades, sen apenas adestrarme e con moto nova. Cando me atope ben non sei se estarei para gañar, pero si para loitar