CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Raquel Carrera: "Se tivese que elixir entre o draft e os Xogos Olímpicos, quedaría cos xogos"

13/04/2021 - 23:27 h

A xogadora galega do Valencia Basket, Raquel Carrera, xogou onte 'Ao contraataque' na Radio Galega despois de anotar os dous tiros libres decisivos que levaron o seu equipo, o pasado domingo, a conquistar o seu primeiro título europeo.

Carrera manifestou a súa ledicia polo éxito acadado e quixo agradecer ao corpo técnico e ás súas compañeiras a confianza depositada nela na derradeira xogada do partido.

A pivote ourensá non dubida á hora de antepoñer, se tivese que elixir, a participación nuns Xogos Olímpicos ao feito de ser drafteada na WNBA.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.