CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Iago Aspas: "As sensacións se non gañas non serven para nada"

13/02/2020 - 23:01 h

O dianteiro do Celta Iago Aspas foi o gran invitado de Ao contraataque na celebración do Día Mundial da Radio.

O de Moaña valorou o momento que está vivindo o conxunto vigués e amosou o seu optimismo de cara o futuro: "Levabamos moito tempo loitando e con boas sensacións, facendo nalgúns partidos mellor fútbol ca noutros, pero competindo moito mellor que antes. Non estabamos tendo toda a sorte que merecíamos e esta semana gañar no tempo de desconto foi unha alegría inmensa. As sensacións, aínda que xogues moi ben, se non gañas non serven de nada. O outro día gañamos e marchamos ledos aínda facendo peor partido".

Os vigueses visitan este domingo o líder da categoría, o Real Madrid, é pese a dificultade o internacional celeste non da o partido por perdido: "Despois do impulso que nos deu a vitoria fronte ao Sevilla por suposto que se pode puntuar no Bernabeu".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.