Ao Contraataque
Iago Rodríguez: "Estudarei emprender accións legais"
O xogador lugués do Parrulo xogou onte Ao contraataque para analizar a suspensión do partido do seu equipo fronte ao Pozo Murcia despois da detección dun caso positivo por coronavirus no conxunto ferrolán.
O positivo xurdiu no equipo galego poucos días despois de se enfrontar ao Xaén, conxunto en que se detectou un gromo con seis casos a comezos desta semana.
Iago Rodríguez amosou a súa indignación pola situación vivida e non pechou a porta a emprender accións legais contra quen corresponda.