CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manolo González: "No Badalona queremos o Real Madrid na Copa do Rei"

13/01/2020 - 23:06 h

O técnico galego do Badalona Manolo González xogou onte 'Ao contraataque'.

O conxunto catalán foi o único equipo capaz de eliminar a un primeira división na segunda rolda da Copa do Rei tras derrotar o Xetafe 2-0: "Nós preparamos o encontro durante unha semana e saíunos como queriamos. As diferenzas entre categorías son unha realidade, pero nun encontro poden pasar moitas cousas destas. En velocidade, en execución... nótase moito. A diferenza é abismal".

De cara aos dezesseis avós de final, o técnico do Courel ten claro que rival quere: "Gustaríame que nos tocase o Madrid. Para min é o mellor equipo que hai e o que máis impacto pode xerar. O Barcelona, ao final, telo máis preto e é diferente".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí