Ao Contraataque
Valdano: "O Celta ten experiencia á hora de administrar angustia"
Jorge Valdano xogou onte 'Ao contraataque'.
O arxentino estivo en Vigo impartindo unha charla invitado polo Real Club Celta e referiuse á situación que está vivindo o conxunto vigués: "O Celta é capaz de saír. Xa ten experiencia á hora de administrar angustia e ten tempo para vivir unha temporada máis tranquila ca pasada".
Ademais, tamén se referiu á situación que está vivindo o Deportivo e a figura de Augusto César Lendoiro: "Lendoiro é un clásico é unha persoa que fixo unha obra admirable. Un negociador de primeira que pensaba en grande. O club vive un momento tremendo. É futbol, as cousas van e veñen. Esperemos que o Dépor sexa capaz de recuperar as constantes vitais".