CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Iglesias: "Estou tranquilo, confiado e con ganas de darlle a volta á situación”

12/11/2020 - 23:19 h

O dianteiro santiagués do Real Betis xogou onte 'Ao contraataque' na Radio Galega para analizar  o inicio da súa segunda temporada na disciplina do equipo andaluz.

O atacante galego, que nos últimos partidos non está contando con moitas oportunidades, amosouse confiado en que o duro traballo que está facendo nos adestramentos dará os seus froitos dentro do terreo de xogo en forma de goles.

Sobre o Real Club Celta foi moi claro: "Desque marchou Berizzo as cousas non van ben, pero ten un gran cadro de xogadores e creo que vai ir arriba"

Non eludiu tampouco a pregunta sobre a súa posible volta a Vigo, nin o seu celtismo: "Eu son celtista aínda que moita xente non o entenda polo momento en que decidín irme, porque hai que tomar decisións na vida e penso que esa era a que tiña que tomar nese momento. Non descarto nunca volver ao sitio onde fun tan feliz e ao equipo do que son afeccionado. Penso que a día de hoxe é difícil, non creo que sexa sinxelo volver, pero nunca se sabe”

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.