CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Angeliño: "Esperemos que non moi lonxe no tempo poida vestir a camisola do Dépor"

12/08/2021 - 23:44 h

O xogador do Leipzig Angeliño xogou onte 'Ao contraataque'. O de Coristanco valorou as súas expectativas de cara a esta nova temporada: "Moi ilusionados co ano e o novo adestrador. O Bayern? Ten moito poderío pero agora teñen que demostralo. O novo adestrador é diferente a Nagelsmann, Imos xogar con 4 atrás, que é o que me gusta a min. Poder participar máis que é o que me gusta. Gústame sorprender e non estar tan arriba. Con Andre Silva, se mete os goles que marcou o ano pasado, estaremos pelexando pola liga. A Premier segue sendo a mellor liga de Europa. É outro nivel , é a máis difícil. Volver ao City e non triunfar é unha espiña cravada. Pep está noutro nivel. No momento en que deixas o equipo del e vas a outro equipo daste de conta de todo o que melloraches. A relación con Pep foi boa. Soamente me faltou xogar. Esperemos que non moi lonxe no tempo poida vestir a camisola do Dépor".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.