CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Víctor Orta: "É difícil politicamente que o Leeds fiche a Okay"

12/07/2021 - 23:04 h

O director deportivo do Leeds United, Víctor Orta, xogou onte "Ao Contraataque", onde analizou diferentes aspectos da actualidade futbolística: "O do límite salarial en España ten que ser revisado. Din que é para igualar, eu non o teño tan claro. Na Premier se tes débedas vaste."

"É dificil políticamente que o Leeds fiche a Okay. Para min fixo uns seis meses moi bos nun sitio moi complicado. A min persoalmente gustoume. Nunca falei con Carlos Rosende pero teño admiración por el. Sempre o dixen, gústame moito. Creo que o fútbol é universal, é cuestión de tempo. En dous meses, tres meses, poste ao día da segunda B. Non é unha circunstancia que sexa un impedimento".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.