Ao Contraataque
Carlos Pérez Cao: "Estes meses de parada supoñen unhas perdas importantes"
O director da área de negocio do Real Club Celta, Carlos Pérez Cao, xogou onte Ao Contraataque. O directivo celeste valorou o que está influíndo a crise do coronavirus no club vigués:
"Para nós, como para calqueira club, xóguese ou non se xogue, estes meses de parón supoñen unhas perdas importantes. Chegará o momento, no peche de exercicio, de facer a valoración de onde chegan esas perdas".
Tamén se referiu Cao á evolución das obras da futura cidade deportiva do conxunto olívico:
"A obra vai máis lenta por esta situación. Vai terminar, ao rematar a 1ª fase, neste verán si ou si. O resto de fases queda supeditada á xestión urbanística; estamos nela. Todos os procesos administrativos quedan paralizados".