CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Mouriz: "A reorganización da Segunda B paréceme pouco seria"

11/05/2020 - 21:32 h

O director deportivo do Rácing de Ferrol, Carlos Mouriz, xogou onte Ao contraataque e valorou o proxecto de competición en que traballa a Federación Española para a próxima temporada na Segunda División B:

Paréceme pouco serio. Falamos de non comezar ata outubro, con problemas económicos pola situación e non haberá a proximidade xeográfica pola que pelexamos toda a vida. O ano que vén economicamente hai que tomalo en serio e dunha forma preocupante. Non sei de onde van chegar os cartos.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.