CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fran: "Houbo un achegamento co club. Veremos que decisión se toma"

12/02/2020 - 23:04 h

O gran capitán do Dépor, Fran, xogou onte Ao contraataque. O de Ribeira non desbota a posibilidade de voltar ao club herculino: “houbo un achegamento. Veremos co tempo o que ocorre. A ver a decisión que se toma. A min, coma sempre dixen, faime moita ilusión poder estar cos rapaces, coa canteira".

Un Fran que tamén falou da reacción do equipo da man de Fernando Vázquez: "Se me din que sete xornadas despois iamos estar nesta situación, diría que é algo imposible de conseguir. Fernando está a facelo moi ben, enganchou a xogadores e afeccción".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.