Ao Contraataque
Alfon: "En Vigo estou moi contento e rendendo moi ben, por que non continuar?"
O futbolista do R. C. Celta, Alfonso González 'Alfon', xogou Ao contraataque na Radio Galega para analizar o seu debut en copa e liga co primeiro equipo celeste a pasada semana.
O xogador albaceteño amosouse moi ledo polas oportunidades que lle está dando Eduardo Coudet e afirmou estar traballando cada vez máis duro para estar preparado se o adestrador o necesita en máis ocasións para o primeiro equipo.
Alfon, que xoga cedido no Celta B polo Albacete, non pechou a porta a poder continuar en Vigo unha vez finalizada a temporada se o equipo galego fai efectiva a opción de compra do seu contrato.