Ao Contraataque
Mehdi Nafti: "Non creo nos proxectos, son a gran mentira do fútbol"
O adestrador do Club Deportivo Lugo, Mehdi Nafti, xogou onte Ao Contraataque na Radio Galega para analizar a situación do equipo galego poucas semanas despois da súa chegada ao banco para substituir a Juanfran García.
Nafti, que logrou sumar 13 dos 18 puntos en xogo nas 6 xornadas que dirixíu o equipo lugués, quixo ser cauto á hora de falar de obxectivos. Prefire ir pensando simplemente partido a partido. O técnico, que afirmou crer máis na capacidade de comprensión do xogo por parte dos futbolistas ca nos sistemas tácticos, quere prolongar ao máximo o bo momento polo que pasa o equipo.
Para iso quere centrarse en tentar manter a intensidade, a disciplina e a orde para sumar a maior cantidade de puntos posibles.