CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carol González, a mellor xogadora do mundo en fútbol-praia: "É un soño cumprido, soa moi ben"

11/11/2019 - 23:46 h

A viguesa Carol González foi nomeada este fin de semana como a mellor xogadora do mundo na especialidade de fútbol praia.

A galega, que xoga actualmente no Málaga, xogou onte Ao contraataque e expresou o que sentiu tras recibir o galardón nunha gala celebrada en Dubai o pasado fin de semana:  "Ë un soño cumprido, soa ben . Non o esperaba, pero levei unha alegría moi grande  Temos a sorte de que podemos compatibilizar fútbol praia con fútbol 11. Xa xoguei na Primeira División... soños teño moitos, pero como di miña nai se os digo non se van a cumprir".

Carol proclamouse campioa do mundo coa selección española o pasado mes de outubro nun torneo onde foi protagonista en tódolos partidos grazas aos seus goles que levaron ao combinado nacional a acadar o seu primeiro título mundial.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí