CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nico Rodríguez: "O ouro en Toquio é máis un desexo ca un soño"

10/09/2019 - 23:40 h

O regatista vigués Nico Rodríguez xogou onte Ao contraaataque. Tras proclamarse subcampión do mundo en 470 o pasado mes de agosto xunto ao seu compañeiro Jordi Xammar, Rodríguez é nestes momentos unha das opcións de medalla máis solidas para España nos próximos Xogos Olímpicos de Toquio.

"A medalla de ouro é máis un desexo ca un soño. Chegaremos coa presión de estar entre os favoritos, pero é unha presión bonita. Se chegas a uns Xogos Olímpicos sen esa presión é que non estás preparado para loitar polas medallas".

O subcampión do mundo en 470 xa ten o calendario preparado para o próximo ano 2020 onde ademais dos Xogos Olímpicos de Toquio terá como obxetivo o mundial da especialidade, que se disputará en febreiro en Palama de Mallorca.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí