CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Arévalo, padexeiro: "O noso obxectivo seguen sendo os Xogos Olímpicos"

11/06/2020 - 23:47 h

O padexeiro de Betanzos Carlos Arévalo xogou onte Ao contraataque dende Trasona (Asturias), onde xa se adestra tras a parada polo coronavirus:

Xa estamos traballando. De momento, cada un na súa canoa. Para a semana xa poderemos adestrarnos os catro na mesma embarcación. O noso obxectivo seguen sendo os Xogos Olímpicos de Toquio. Non podemos parar. O primeiro día de adestramento tremíannos as pernas. Durante o confinamento perdemos moita masa muscular. Eu, en concreto, tres quilos.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.