CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Donato: "O Dépor non pode saír a especular"

11/06/2019 - 23:10 h

O ex-futbolista herculino pasou por Ao contraataque para analizar o partido desta noite entre o Dépor e o Málaga da primeira eliminatoria da fase de ascenso á primeira división.

Donato amosouse optimista e confiado en que o Dépor poida ascender de categoría e sinalou que o equipo ten que xogar esta noite en Riazor con cabeza, pero arriscando para tratar de sacar un resultado positivo. 

O hispano-brasileiro quixo significar tamén a importancia do apoio dos seareiros: "A afección do Deportivo sempre é fiel ao equipo e teno que levar a tomar vantaxe na eliminatoria".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí