CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manu Sánchez, despois de gañar 7-2 nos oitavos da Copa da Raíña: "Foi un partido único"

11/02/2020 - 23:02 h

O adestrador do Deportivo feminino xogou onte 'Ao contraataque' tras a clasificación do seu equipo para os cuartos de final da Copa da Raíña tras derrotar o Valencia 7-2: "Foi bastante máis competido que o que reflicte o marcador. Eu non estou moi contento. Houbo demasiadas situacións de gol en ambas áreas. Hai que analizar e erradicar varias cousas".

Riazor rexistrou unha grandísima entrada con máis de 7.000 espectadores no primeiro partido oficial disputado polas rapazas de Manu nchez no estadio de Riazor: "Son momentos históricos, para quedar no recordo. Son varias xeracións de futbolistas as que nos trouxeron ata aquí. Foi un partido único".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí