Ao Contraataque
Luis Ruiz: "Imos ser un pouco máis esixentes con nós mesmos"
O lateral do Club Deportivo Lugo, Luis Ruiz, xogou onte 'Ao contraataque' na Radio Galega, para analizar o partido desta noite fronte á Deportiva Ponferradina na 18ª xornada de liga na Segunda División.
Ruiz apostou pola solidez defensiva como argumento para que o equipo retorne á senda da vitoria despois de cinco xornadas. Así mesmo, non quixo buscar escusas na acumulación de partidos nin nas lesións para explicar esta xeira negativa de resultados que acumula o equipo nos últimos encontros ligueiros.