Ao Contraataque
Juanfran: "Asino todo o que sexa a salvación do Lugo"
O adestrador de Club Deportivo Lugo, Juanfran García, xogou onte Ao Contrataque.
O preparador albivermello falou das expectativas que ten o seu equipo esta nova temporada:
“Estamos á espera de asinar catro ou cinco xogadores máis que espero que cheguen o antes posible. As liñas serán as da temporada pasada. Modificando dúas ou tres cousas".
"O ego no fútbol non é unha cousa boa. O ego nin para ben nin para mal. O único método que hai para seguir a mesma liña é o traballo e a constancia. O obxectivo ten que ser sufrir menos ca temporada pasada. Pero se pensamos niso sería un erro. Hai que pensar no quilómetro un e facer unha boa primeira volta. Asino todo o que sexa a salvación do Lugo"
"Creamos un vínculo grande coa cidade e a afección. Estamos moi identificados. Iría co chandal gris pero cambiárono. O chandalismo púxose de moda e hai que seguir con él. Estou máis cómodo co chándal porque os xogadores así ven que eres un máis coma eles"