Ao Contraataque
Borja Domínguez: "Colleume por sorpresa. Non pensaba que fose o momento de marchar"
Club Deportivo Lugo anunciou onte a rescisión de contrato de Borja Domínguez. Horas despois, o medio centro vigués xogou 'Ao contraataque' e explicaba as súas sensacións
"Estou tentando asimilar todo o máis rápido posible. O ano pasado foi un ano duro, pero rematei ben e deume ánimos. Na pretemporada atopeime moi ben. Non pensaba que fose o momento de marchar".
"O adestrador amosou sempre moita confianza en min. Colleume por sorpresa porque a pretemporada estaba sendo moi boa. O club decide prescindir e aínda que non estea dacordo hai que respectar as decisións. Non teño rencor cara nadie".
"Voume tranquilo. Tanto o club coma a cidade sempre me trataron moi ben. Deséxolles o mellor para sempre. Dende que o Racing púxose en contacto conmigo, tíveno en conta. Está nunha categoría que non merece. O proxecto é moi bo e estou moi contento de poder ir alá".