CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Juan Copa: "Non fixemos un bo partido, pero o importante era a vitoria. O sábado veremos un Liceo diferente"

10/06/2021 - 23:04 h

O adestrador do Hóckey Club Liceo, Juan Copa, xogou 'Ao contraataque' despois da vitoria do seu equipo  por 3 goles a 2 fronte ao Voltregá nos cuartos de final da Copa do Rei que se disputa na Coruña.

Copa recoñeceu que non foi o mellor partido do seu equipo e valorou positivamente o esforzo realizado para dar o primeiro paso con vistas ao obxectivo de poder xogar o domingo a gran final do torneo.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.