CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Pita: "Gañar en Santander é vital para nós"

10/06/2020 - 23:24 h

O capitán de Club Deportivo Lugo, Carlos Pita, xogou onte Ao contraataque e valorou o retorno ligueiro e as opcións de permanencia do conxunto albivermello:

Estamos centrados en gañar en Santander e saír dos postos de descenso. Por ambiente vai ser diferente. É unha incógnita como estarán os equipos pero as nosas sensacións son moi boas. Está todo moi igualado e o inicio vai ser fundamental. Non vai haber tempo de reacción. Empezar gañando é vital para nós. Deixariamos moi tocado un rival directo. Eu son dos que pensa que a salvación estará sobre os cincuenta punto.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.