Ao Contraataque
Luisito: "Ao Pontevedra non lle podía dicir que non"
O adestrador galego xogou 'Ao contraataque' para analizar o seu regreso ao banco do Pontevedra algo máis de tres anos despois.
Luisito estreouse no banco de Pasarón cun empate sen goles fronte ao Guijuelo nun partido con moitas ocasións de gol para un Pontevedra que mereceu un mellor resultado.
O adestrador de Teo rematou satisfeito polo traballo dos seus futbolistas e amosouse optimista con vistas ao que resta de temporada.
Así mesmo, recoñeceu que o motiva o reto de adestrar de novo o Pontevedra e que afronta o mesmo con confianza e ilusión.