CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Onésimo, novo adestrador do Celta B: "Competir non é unha opción, é unha obrigación"

10/02/2020 - 23:36 h

O novo adestrador do filial do Real Club Celta , Onésimo nchez , xogou onte Ao contraataque.

O valisoletano comezou ben a súa etapa ao fronte do Segundo equipo céltico con catro puntos en dous partidos: "Hai boas cousas da etapa anterior que queremos seguir aproveitando. Pero o fútbol é moi circunstancial, por agora vainos ben. Competir non é unha opción é unha obrigación".

Pese a todo os celestes seguen en postos de descenso a tres puntos da salvación: "Procuramos non mirar a táboa. O importante é sumar, mellorar. A situación é a que é, senón non estaría eu aquí".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.