CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Roberto Trashorras: "Eu esperaba moito máis do Celta dende principio de temporada"

10/01/2019 - 23:07 h

O ex-futbolista de Celta e do Raio Vallecano pasou por Ao Contraataque para analizar o partido desta noite entre os seus dous ex-equipos.  Para Trashorras, en canto a xogo e sensacións, non estamos vendo o Celta que se agardaba esta temporada.

O ex-futbolista olívico considera que Iago Aspas, ausente por lesión esta noite, tapa moitas das deficiencias que está a amosar o Celta no que vai de curso. Recoñeceu tamén Trashorras que non está vendo un celta fluído nin practicando bo fútbol.

O galego confía en ver un mellor Celta na segunda metade de temporada para que non pase apuros na clasificación e poda loitar por entrar en Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí