Ao Contraataque
Yuri de Souza: "Gustaríame xogar en Pasarón a próxima temporada fronte ao Pontevedra na Segunda División"
O atacante da Deportiva Ponferradina, Yuri de Souza, xogou onte Ao contraataque na Radio Galega para analizar o partido do venres que enfronta ao equipo do Bierzo co Club Deportivo Lugo na 18ª xornada de liga na Segunda División.
O xogador repasou tamén o seu pasado no fútbol galego, manifestou a súa intención de seguir vencellado ao mundo do fútbol unha vez colgue as botas e quixo desexar a mellor das sortes nesta atípica temporada ao Pontevedra, equipo no que xogou 3 anos.