CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Martínez Loira: "O ideal sería que Lendoiro fose presidente tras a xunta do 17-D"

09/12/2019 - 23:13 h

A renuncia do Consello de Administración do Deportivo monopolizou a actualidade informativa. Paco Zas anunciou a súa marcha convocando unha xunta extraordinaria de accionistas para a semana do 13 de xaneiro.

Pero a súa saída xa podería ser efectiva na xunta xeral do próximo martes 17, como explicou en 'Ao contraataque' o candidato á presidencia deportivista más últimas eleccións Xesús Martínez Loira, "facer agora un proceso electoral dilatado e diferido, non sería o mellor. En calquera xunta de accionistas, calquera pode solicitar a separación dos administradores. Iso é obrigatorio votalo. Creo que isto sería o idóneo para o Deportivo".

Un Loira que aposta polo retorno ao club de Augusto César Lendoiro como solución para o futuro do club: "Para min, a situación ideal, é que na vindeira xunta saíse Lendoiro como presidente. As eleccións xa se farán a vindeira tempada. Creo que ninguén dubida da credibilidade deportiva de Augusto César Lendoiro. Sabe todo o que ten que facer".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí