Ao Contraataque
Diego Ríos: "O Burela reforzouse moi ben, é un equipo moito máis galego e completo"
O adestrador lugués do Levante Fútbol Sala, Diego Ríos, pasou por 'Ao contraataque' para analizar o choque do seu equipo, líder da LNFS, fronte ao Burela na 8ª xornada de liga.
Para o técnico galego, o Burela é un dos equipos que mellor se reforzou no pasado mercado de fichaxes, logrando unha galeguización do cadro de xogadores e fornecendo fundamentalmente a estrutura defensiva dun conxunto que comezou moi ben a temporada.