Ao Contraataque
Nolito: "O obxectivo é non sufrir como o ano pasado. A afección leva dous anos sufrindo, fagamos autocrítica"
O céltico Nolito xogou onte Ao Contraataque e expresou as súas sensacións de cara á estrea lígueira do próximo sábado en Ipurúa diante o Éibar:
“Todo é raro. Temos que adaptarnos ás circunstancias. Somos uns mandados. Somos privilexiados, fago o que me gusta e aínda por riba páganme moita pasta"
"O obxetivo é non sufrir o que sufrimos o ano pasado. O verán pasado estaba case feito o traspaso. Eu pensaba que ía xogar no Celta pero as cousas pasan como pasan. Temos que comezar a gañar partidos o antes posible. Hai que mirarse á cara e facer autocrítica. A afección leva dous anos sufrindo. Que reseteen como temos que facer nós. Sempre estiveron acompañando. Sempre o dixen"
"Estiven catro anos con Luis Enrique. Moito da miña carreira débollo a él. Deume moitísimo cariño. É o meu pai deportivo. Disfrutei moitísimo con él. Queda para min o que vivín con él. E regañoume moitísimo. E cando tivo que darme un berrido, deumo. Pero tamén axudou moitísimo na miña carreira""