CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Erik Quintela: "Para conseguir o ascenso temos que defender e levar o esforzo ao cen por cento"

09/06/2021 - 23:15 h

O xogador galego do C. B. Breogán, Erik Quintela, xogou 'Ao contraataque' para analizar a clasificación do equipo lucense para a gran final na loita polo ascenso á Liga ACB.

O Breogán derrotou a Alacante no terceiro partido da serie de semifinais e enfrontarase dende o sábado a Granada na procura do regreso á máxima categoría do baloncesto nacional.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.