CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Lendoiro: "O que necesitaba o Dépor era tranquilidade"

09/02/2021 - 23:05 h

O expresidente do R. C. Deportivo, Augusto César Lendoiro, xogou onte 'Ao contraataque' para analizar a actualidade do equipo herculino despois de se confirmar a remuda no consello de administración da entidade coruñesa.

Lendoiro considera que nestes momentos, tendo en conta a situación deportiva, o club necesitaba tranquilidade e estabilidade e non unha revolución no seu órgano directivo.

Así mesmo, o expresidente branquiazul amosouse optimista con vistas a un posible ascenso de categoría e afirmou que o equipo pode loitar polo obxectivo se é quen de acadar 13 puntos nas 5 derradeiras xornadas de liga.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.